Dinis Dias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | século XV |
Actividade | |
Ocupación | explorador |
Período de actividade | (Con vida en: século XV ) |
Familia | |
Fillos | Bartolomeu Dias |
Descrito pola fonte | Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) |
Dinis Dias foi un navegante portugués do século XV. A súa data de nacemento e a da súa morte non son coñecidas con certeza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1442 Dias, que "non quería verse envellecer nun estado de benestar e repouso", deixou Portugal na compaña de Gonçalo de Sintra e navegou cara ás costas de África occidental, chegando ata Cabo Branco. En 1444 conseguiu unha nova marca ao chegar a un punto da costa afastado uns 800 km ao sur do Cabo Branco. Este punto, o máis occidental do continente africano, foi bautizado por el como península de Cabo Verde, nunha referencia á frondosa vexetación que atopou na área de Guinea.
O éxito desta expedición debeuse probablemente ao feito de que Dias se concentrou na exploración, máis que na toma de escravos, algo que centraba a atención da maioría dos exploradores portugueses da época. Mentres que algunhas expedicións volvían a Portugal con ducias de escravos, Dias tomou só catro.
Máis tarde aquel ano, Dias navegou co explorador Lançarote nunha longa expedición á illa de Arguin, fronte á costa oeste de Mauritania, con propósitos escravistas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castlereagh, Duncan. Encyclopedia of Discovery and Exploration - The Great Age of Exploration. Aldus Books Londres, 1971.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Capitollo XXXIº. Como Dyas foe aa terra dos negros, e dos cativos que trouxe (en portugués).